Actualidad

[editar plantilla]

Xornada de traballo coas familias do Ies Ribeira en Porriño [editar]

Actividade enmarcada dentro do programa Acais.

06 de Junio de 2018
Fsx Vigo.

COMPARTIR
Xornada de traballo coas familias do Ies Ribeira en Porriño

As familias agradeceron especialmente que se lles teña en conta e se lles escoite dende o Centro.

O profesorado mostrouse moi acolledor e facilitador en todo momento, no sentido en que lle deron todas as posibilidades para que asistan ó centro e falen con eles/as por se teñen algunha dificultade.

Actividade enmarcada dentro do Programa Acais

A sesión celébrase no IES Ribeira, coa participación das familias, fillas e fillos (alumnado do centro) e o profesorado (Víctor, Xefe de Estudos, Asunción, Orientadora Educativa e Ana, profesora de Pedagoxía Terapeútica).

Na metade da sesión incorpórase un pai. 

A sesión inicia cunha dinámica de presentación que fai que se cre un clima de distensión e cohesión grupal para dar paso seguidamente ó rol playing onde o profesorado fai de alumnas e alumnos e, as familias de profesorado e, un dos fillos tamén representou un papel sendo as demáis persoas observadoras.

Despois desta escenificación, cada persoaxe asume novamente o seu rol, o profesorado pasa a responder as preguntar que formulen tanto as familias como o alumnado. 

Galería de Fotos

VOLVER A LA PÁGINA PRINCIPAL DE ACTUALIDAD